O Noroeste Estrella Galicia retransmitirase ao completo vía ‘streaming’

  • O festival terá un aforo reducido pero cada unha das citas se poderá ver a través da web do Festival.
  • O Noroeste Estrella Galicia convertirase desta maneira no mellor escaparate posible para ensinar a cultura galega ao resto do mundo.

A Coruña, martes 4 de agosto 2020.- A Coruña sempre foi unha cidade aberta ás correntes internacionais de ámbito cultural, e o Festival Noroeste Estrella Galicia un dos seus mellores escaparates posibles para ensinar a cultural galega ao resto do mundo.

Onte presentaba a súa 34 edición cun novo formato XS, e unha cita reformulada cun cartel integrado por artistas galegas repartidas en tres días cun total de dezaséis propostas, todo entre o 7 e o 9 de agosto, coa presenza de artistas con gran percorrido como Triángulo de Amor Bizarro, Víctor Coyote, Laura LaMontagne & PicoAmperio, Pardo ou Viuda Gómez e hijos.

Estos espectáculos ao vivo irán máis aló da cidade a pesar das dificultades impostas pola pandemia. Será unha edición que tamén poderá gozarse online desde a páxina web do Festival (www.festivalnoroeste.com), do 7 ao 9 de agosto de catorce concertos e dous viveiros que se sucederán simultáneamente nos escenarios Nonito Pereira (ubicado na Praza de María Pita) e Jaime Manso (no Parque de Santa Margarida).

PROGRAMACIÓN:

Venres 7 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

  • 20.00 horas – Cloaca
  • 22.30 horas – Triángulo de Amor Bizarro

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

  • 20.00 horas – Laura LaMontagne & PicoAmperio
  • 22.30 horas – DL Blando

Sábado 8 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

  • 13:30 horas – Sara Sístole
  • 20.00 horas – Pardo
  • 22.30 horas – Víctor Coyote

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

  • 12.30 horas – Viveiro Lydia Botana
  • 20.00 horas – Allova
  • 22.30 horas – Moura e a Irmandade Ártabra

Domingo 9 de agosto:

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

  • 13:30 horas – Zeltia e Irevire
  • 20.00 horas – The Bo Derek’s
  • 22.30 horas – Viúda Gómez e Hijos

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

  • 12.30 horas – Viveiro Javier Becerra e Carolina Rubirosa
  • 20.00 horas – Bush Doctors
  • 22.30 horas – Ataque Escampe