O Noroeste Estrella Galicia reformúlase pola COVID e volta á orixe cunha aposta polas bandas galegas

 

  • Inés Rey: “Temos unha oportunidade dese retorno á orixe e ás raíces do Festival Noroeste Estrella Galicia, que sempre tivo presentes ás bandas coruñesas”.
  • Antonio Viejo: “La cultura forma parte de la vertebración de la sociedad”.
  • Esta 34 edición contará con dous escenarios, adicados a Jaime Manso e Nonito Pereira, 14 concertos e 2 viveiros musicais enfocados a un público máis novo.

 

Inés Rey - Presentación 34 Festival Noroeste Estrella Galicia

Aló polo ano 1986 nacía o Festival Noroeste Estrella Galicia como unha posta en valor das bandas locais. Co tempo, a cita foi ampliando fronteiras musicais ata facerse cun nome propio no panorama estatal e contar con artistas de talla internacional. Neste ano 2020, marcado pola pandemia da COVID-19,o Concello da Coruña optou por mantela cita reformulándoa cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes nas diferentes edicións.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentaba no Pazo de María Pita o 34 Festival Noroeste Estrella Galicia esta mañá xunto co, concelleiro de Festas e Turismo, Juan Ignacio Borrego, o director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, Antonio Viejo e o programador musical, Roberto de la Iglesia.

Ana Manso - Presentación 34 Festival Noroeste Estrella Galicia

 

No acto estiveron tamén presentes a esposa, fillos e netas de Nonito Pereira Revuelta, e os irmáns de Jaime Manso (Ana e Juan Manso), ambos os dous homenaxeados nesta edición na que dan nome aos dous escenarios polos que pasarán as diferentes propostas musicais que conforman o cartel. 

Como Estrella Galicia, o seu principal patrocinador, o Festival Noroeste súmase á resistencia. Neste caso a proposta coruñesa é unha das citas musicais que se manteñen no verán de 2020. Cun formato reducido en canto a días e número de espectáculos, pero mantendo viva a paixón pola música contemporánea.

Inés Rey - Presentación 34 Festival Noroeste Estrella Galicia

 

Neste sentido, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, sinalaba: “Todas as propostas culturais estanse a adaptar á situación, tamén esta. Tomamos a decisión de manter esta 34 edición e reformulala cun formato reducido (XS) no que, as bandas locais e galegas que xa estaban no cartel”.

Para o director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, Antonio Viejo, esta edición “Este ejercicio de adaptación del Noroeste es importantísimo para la ciudad, la cultura forma parte de la vertebración de la sociedad. Necesitamos animarnos y nada mejor que el Noroeste y pensemos que la propia idiosincrasia permite esta reinvención con este formato”.

Antonio Viejo - Presentación 34 Festival Noroeste Estrella Galicia

O programador musical, Roberto de la Iglesia, destacou: “El festival ha vuelto a sus orígenes apostando por artistas nacionales y locales y apoyamos la escena local que se encuentra en muy buena forma”. 

As familias de Jaime Manso e Nonito Pereira agradeceron emocionados o xesto do Concello da Coruña : “A gratitude polo recoñecemento do Concello. Tanto Nonito como Jaime téñeno máis que merecido”. 

Nonito Pereira - Presentación 34 Festival Noroeste Estrella Galicia

O remate da presentación contou coa actuación ao vivo do vocalista e guitarrista coruñés Pardo, que volve ao Noroeste Estrella Galicia no que xa actuou en anteriores edicións. 

Dezaseis propostas musicais repartidas en dous escenarios

Serán tres días consecutivos de música, venres 7, sábado 8 e domingo 9, nos que as diferentes artistas actuarán simultaneamente nos escenarios Nonito Pereira (ubicado na Praza de María Pita) e Jaime Manso (no Parque de Santa Margarida). En total tocarán 14 bandas, completando o cartel dous vivieros musicais pensados para que a rapazada descubra ritmos, sons e historias vencelladas á música contemporánea.

Os concertos celebraranse principalmente en horario de tarde con horas de inicio marcadas de xeito simultáneo para as 20:00 e 22:30 horas nas tres xornadas. Na fin de semana haberá sesións matinais que variarán segundo o escenario das 12:30 horas ás 13:30 horas (VER PROGRAMA).

O listado de artistas está conformado por:

  • Allova
  • Ataque Escampe
  • Bush Doctors
  • Cloaca
  • DL Blando
  • Laura Lamontagne & PicoAmperio
  • Moura e a Irmandade Ártabra
  • Pardo
  • Sara Sístole
  • The Bo Derek’s 
  • Triángulo de Amor Bizarro
  • Víctor Coyote
  • Viuda Gómez e Hijos
  • Zeltia e Irevire

Haberá dous viveiros musicais pensados para as cativas e cativos:

  • Javier Becerra & Carolina Rubirosa: ‘Esto es pop’
  • Lydia Botana: ‘De aquí para alá’