O Mercado da Colleita regresa ao Festival Noroeste Estrella Galicia

  • Este proxecto, integrado na estratexia de impacto positivo de Corporación Hijos de Rivera, despregará a súa proposta de transformación sostible do rural no Campo da Leña da Coruña desde este mércoles hasta o domingo 14 de agosto.
  • A música do festival Noroeste Estrella Galicia convivirá neste espazo cunha proposta de ocio responsable para todos os públicos cunha completa axenda de actividades que van desde catas ou actividades de cultura da cervexa ata talleres infantís a cargo de Gadis ou actividades en favor da sensibilización medioambiental desenvoltos por WE Sustainability. 
  • O espazo contará coa presenza de proxectos inspiradores do noso rural como Pan da Moa, Casa Grande de Xanceda, Orballo, Calabizo, Airas Moniz, Horta da Lousa, Galo Celta, Cortes de Muar ou Ecocelta, entre outros.

 


 

O Mercado da Colleita regresa ao festival Noroeste Estrella Galicia co obxectivo de despregar desde este mércores ata o próximo domingo en pleno centro da Coruña unha proposta de ocio familiar cun obxectivo de divulgación de iniciativas que están transformando o rural nun medio máis próspero e sostible. Este proxecto que forma parte da estratexia de impacto positivo de Corporación Hijos de Rivera estará presente nesta ocasión no Campo da Leña cunha ampla axenda de actividades para todos os públicos. 

Desde o miércoles ao venres en horario de tarde (de 16:00 a 22:00 horas), e a fin de semana durante toda a xornada (de 12:00 a 22:00), a música do festival Noroeste Estrella Galicia desfrutará dun aliciente adicional a cargo do Mercado da Colleita, que contará, ademais, co apoio de Gadis cunha proposta destinada ao público infantil de desenvolvemento de hortas e de práctica de xogos populares, e de WE Sustainability cun gran número de talleres enfocados á conciencia-acción medioambiental a través de actividades de creatividade e manualidades con materiais reutilizados.

Este espazo dará tamén visibilidade a proxectos exemplares do noso rural como Pan da Moa, Casa Grande de Xanceda, Orballo, Calabizo, Airas Moniz, Horta da Lousa, Galo Celta, Cortes de Muar ou Ecocelta, entre outros, que realizarán actividades de cata e divulgación en torno aos seus produtos, en colaboración tamén co equipo de Cultura de Cervexa de Hijos de Rivera que proporá maridaxes diversos con algunhas das cervexas da casa como Estrella Galicia ou 1906. 

Nese sentido, os asistentes ao Mercado da Colleita no festival Noroeste Estrella Galicia terán ocasión, por exemplo, de participar en degustacións de Orballo, nas actividades de “Conoce la Granja” de Casa Grande de Xanceda, no desenvolvemento dunha mini horta coa axuda de Ecocelta, en catas de Calabizo, Airas Moniz, Galo Celta, Carabuñas ou Pan da Moa, entre moitas outras opcións. 

Todas estas actividades completan unha proposta de ocio única en torno á sostibilidade do rural en pleno centro urbano que pecha por todo o alto o Festival Noroeste Estrella Galicia e que volve a demostrar o espíritu inconformista do proxecto Mercado da Colleita.

No Campo da Leña, ademais de desfrutar do Mercado da Colleita tamén se poderá asistir a diversos concertos cuxo estilo se enmarca no rock. Entre o 10 e o 14 de agosto, o público do Festival Noroeste Estrella Galicia poderá bailar e divertirse coas actuacións de Maruja Limón, Corizonas, Pedro Pastor y Los Locos Descalzos, Familia Caamagno, FF, Aqeelion, Bia Ferreira, Miguel Costas e Biznaga

Iniciativas que transforman o rural nun medio máis próspero e sostible

O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto positivo de Hijos de Rivera, cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero e sostible. O proxecto pretende converterse nunha palanca de cambio a través do desenvolvemento de diversos proxectos no ámbito da investigación, concienciación e divulgación.

A principal contribución do Mercado da Colleita ao longo destos case 10 anos de existencia materializouse en exemplos reais de artesáns do rural que, a través dos seus modelos de xestión e/ou de negocio, mostran que esta visión de futuro non só é necesaria, senón que tamén é viable e diferenciadora.

A actividades do Mercado da Colleita xiran sempre en torno a estas iniciativas que son as verdadeiras protagonistas xa que poden servir como inspiración para a transformación que o noso medio rural precisa.

A estratexia de Impacto Positivo de Hijos de Rivera, definida pola súa natureza inconformista, ten un compromiso ineludible con 4 piares claves: o planeta, as persoas, os aliados e a defensa e protección da súa orixen sendo o Mercado da Colleita un proxecto clave deste piar.