O Festival Noroeste Estrella Galicia voltou por todo o alto coas actuacións de La Pegatina, Dorian, Luna Ki e La La Love You e coa presenza de 17.000 espectadores

  • A cidade da Coruña volcouse co regreso do Festival Noroeste Estrella Galicia, que contou na súa primeira xornada con 17.000 asistentes.
  • Esta edición recupera tamén a presenza do Mercado da Colleita, que está instalado durante as 5 xornadas do festival no Campo da Leña e que conta coa presenza dos produtores que participan neste proxecto de impacto social da Corporación Hijos de Rivera.
  • Os concertos con invitación previa de Valeria Castro, A Pedreira e Israel Fernández  colgaron o cartel de entradas esgotadas grazas á gran acollida do público.
  • Na súa segunda xornada o festival contará coas actuacións de Delaporte, Amparanoia, Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra, Maika Makovski, e Dios Ke Te Crew entre outras. Consulta a programación completa na web do festival.

 

O Festival Noroeste Estrella Galicia volveu por todo o alto. Xa deu comezo esta cita que desde o mércores 10 ao domingo 14 de agosto conta con 51 concertos que encherán durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña.

Na súa primeira xornada, o público asistente, máis de 17.000 persoas, puido desfrutar das actuacións de artistas como La Pegatina, que foi todo un éxito enriba do escenario Santa Margarida, no que tamén actuaron Ana Moura e Luna Ki, artistas que demostraron coa súa actuación por que transgreden. 

Unha das novas incorporacións en canto a espazos, o Peirao de Trasatlánticos, contou no seu estreno coas aclamadas actuacións de Dorian e La La Love You, mentres que Maruja Limón e Corizonas encheron de rock o Campo da Leña, que acollerá este estilo musical durante o transcurso do festival. 

Na Praza Azcárraga, o saxofón de Vanessa Collier conseguiu por en pé e a bailar a todo o público presente, que seguiron desfrutando dos ritmos electrónicos de David Walters nun entorno inmellorable. 

Nunha cita máis íntima, A Pedreira reuniu aos asistentes no Castelo de San Antón, que gozaron dunha actuación que mesturou música e poesía e embelesou ao público co seus ritmos de folk.  

Na programación do segundo día xoves 11 de agosto, no escenario Santa Margarida desfrutaremos das actuacións de Maika Makovski, Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra e Dios Ke Te Crew. No Peirao de Trasatlánticos, Delaporte e Amparanoia porán ritmo a esta segunda xornada, mentres que no Campo da Leña actuarán Pedro Pastor y Los Locos Descalzos e Familia Caamagno. Os ritmos de soul e jazz non rematan e Julian Maeso e Kamaal Williams seguirán marcando o tempo na Praza Azcárraga. Por outra banda, de 18:00 a 20:00, Cormelana Sellier non parará de saltar coa sesión DJ de Toccororo e o Castelo de San Antón, na súa proposta máis coqueta, recibirá a Valeria Castro, concerto para o que están esgotadas todas as entradas.

Desde onte, xa se pode desfrutar do regreso ao Festival Noroeste Estrella Galicia do Mercado da Colleita, que está situado no Campo da Leña durante os cinco días de festival e que conta coa presenza de distintos produtores que participan no proxecto así como con actividades de degustación e divulgación. O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto social de Corporación Hijos de Rivera cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable que xera benestar; a través da investigación, a concienciación e a divulgación de iniciativas inspiradoras que están a transformar o rural.

Ademais, Estrella Galicia e WE Sustainability traballarán conxuntamente en concienciación medioambiental a través de diferentes accións como a cuantificación, separación e limpeza de residuos co obxectivo e reto de reducir a pegada de carbono e transformalos para que teñan unha segunda vida como mobiliario para eventos. Para isto, porán a disposición do festival un equipo de concienciación para darlle trazabilidade aos puntos de separación e recollida de residuos.

Como novidade, o festival conta tamén co Mercado de Discos do Noroeste, que nace co propósito de establecer no emblemático recinto do Mercado Municipal de San Agustín da Coruña un encontro de interés musical onde reunir a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos (vinilos, CD…) con acceso libre para todos os públicos durante os días 12, 13 e 14 de agosto