O 34 Noroeste Estrella Galicia, un festival comprometido coa accesibilidade

  • En colaboración con ACOPROS e Asociación Cultural Negus Festival Noroeste Estrella Galicia impulsa, o seu compromiso coa accesibilidade nos eventos culturais de persoas con capacidades diversas.
  • Os sistemas de accesibilidade auditiva, neste caso as mochilas vibratorias para persoas xordas, cada vez máis necesarias no ámbito cultural.
  • Tamén haberá espazo reservado para persoas con mobilidade reducida.

O Noroeste Estrella Galicia impulsa, en colaboración coa Asociación Cultural Negus e ACOPROS, o seu compromiso coa accesibilidade, ao achegar a cultura a persoas con capacidades diversas. Neste caso, faise mediante a implantación de medidas de accesibilidade nun dos concertos enmarcados dentro desta 34 edición do festival.

Desde o Festival Noroeste Estrella Galicia cren que a música debe ser realmente accesible a todas as persoas, polo que nesta edición de 2021 impleméntanse novas accións que terán como obxectivo máis pasos na inclusión. En concreto, varias persoas xordas ou con implante coclear poderán desfrutar tamén da música a través de vibracións.

Será durante o concerto de Bush Doctors do domingo día 8 ás 13.00 horas, onde dúas persoas usuarias de ACOPROS, Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo, utilicen dúas mochilas vibratorias para gozar do concerto desta banda galega, en colaboración con la Asociación Cultural Negus.

Mochila vibratoria que facilitará ACOPROS para accesibilidade auditiva
Mochila vibratoria que facilitará ACOPROS para accesibilidade auditiva

Non é a primeira vez que se utilizan este tipo de mochilas en concertos, pero si é novidade no Festival Noroeste Estrella Galicia. Esta acción reafirma así o compromiso pola accesibilidade na música e a aposta forte por este modelo que supón un enriquecemento a nivel social.

Nesta liña de accesibilidade de persoas con capacidades diversas nos actos culturais, como noutras edicións manterase a reserva de espazos específicos para que as persoas con mobilidade reducida tamén asistan aos concertos con comodidade.