O 34 Noroeste Estrella Galicia conta cun protocolo de prevención da COVID-19

A prevención da transmisión da COVID-19 é unha prioridade no desenvolvemento deste 34 Festival Noroeste Estrella Galicia. Os recintos contan cun dobre perímetro de seguridade. As portas para cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do inicio do mesmo polo que se pide ao público que non acuda antes dese momento para evitar reunións innecesarias de persoas. Unha vez se achegen aos recintos, deberán respectar a sinalética que haberá na zona de espera dos accesos. Nos accesos haberá xel hidroalcólico.

Dentro de María Pita (escenario Nonito Pereira) ou o Parque de Santa Margarida (escenario Jaime Manso), un equipo de acomodación situará ao público nas localidades.

Os asentos estará separados entre si 1,5 metros para respectar a distancia física que marcan as autoridades sanitarias.

As entradas serán nominais polo que haberá que facilitar os datos de ambas as dúas persoas que deberán identificarse ao chegar ao recinto. Búscase evitar aglomeracións e garantir que non se supera o aforo permitido, así como ter identificadas ás persoas do público por motivos sanitarios de prevención da COVID-19.