O 34 Festival Noroeste Estrella Galicia celebrarase do 6 ao 8 de agosto en catro escenarios ao aire libre

  • Zahara, Alice Wonder, Mujeres, Triángulo de Amor  Bizarro,  Marlango e  Baiuca son algunhas das bandas dun cartel de 25 artistas de primeira liña do panorama galego, estatal e internacional.
  • As actuacións estarán repartidas simultaneamente durante os tres días nun total de catro escenarios, pois en Parque Europa e Campo da Leña tamén se poderá gozar de diversos artistas.
  • Inés Rey: “O Festival Noroeste Estrela Galicia recupera a súa esencia e achega calidade. Haberá artistas internacionais, estatais e galegos con diferentes estilos e máis dun 40% de representación feminina”.
  • Antonio Viejo: “O Festival Noroeste Estrela Galicia ten ambición internacional, é un gran proxecto da cidade. A Coruña aposta así pola cultura e nós sempre apoiamos á cultura”.
  • Nonito Pereira e Jaime Manso volverán ser homenaxeados con dous escenarios que levarán o seu nome, situados en María Pita e no Parque de Santa
Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Antonio Viejo, director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera na presentación da 34 edidición do Festival Noroeste Estrella Galicia 2021
Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Antonio Viejo, director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera na presentación 

O vindeiro venres 6 de agosto regresará o Festival Noroeste Estrella Galicia enchendo a cidade de música ata o domingo 8. O Concello da Coruña reforza así a súa aposta pola cultura. Inés Rey, alcaldesa da Coruña, destacaba que esta cita “é un dos grandes eventos musicais da cidade e de Galicia. Recuperamos a súa esencia con calidade e garantías de seguridade”.

A cidade gozará durante tres días de diversas actuacións simultáneas en catro emprazamentos ao aire libre. Artistas de primeira liña do panorama internacional, nacional e destacados grupos locais, que conforman unha oferta completa con ata 25 concertos que se celebrarán durante toda a fin de semana. As citas contarán cun protocolo de prevención do contaxio da COVID-19.

En canto ao programa a alcaldesa da Coruña significou que os escenarios “se reparten pola cidade”, así como a presenza de “4 artistas internacionais, 9 estatais e 12 galegos. Hai calidade e variedade de estilos para chegar a diferentes públicos”.

Inés Rey puxo o acento en que o elenco conta con “máis dun 40% de presenza feminina e ten presentes ás músicas urbanas para os novos públicos, sen esquecer a historia que está presente na homenaxe a Nonito Pereira e a Jaime Manso, que volven dar nome a dous escenarios. Dúas persoas que tanto contribuíron á pegada musical da cidade”.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, na presentación da 34 edidición do Festival Noroeste Estrella Galicia 2021
Inés Rey, alcaldesa da Coruña, na presentación da 34 edidición do Festival Noroeste Estrella Galicia 2021

Máis da metade dos artistas chegan ao festival con novas cancións, novo disco, novo  LP ou mesmo estreando material que está a piques de saír.

Antonio Viejo, director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera incidiu no “apoio á cultura” que esta empresa coruñesa de longa traxectoria ten sempre presente e puxo en valor “a ambición internacional” desta cita musical. “É un gran proxecto de cidade no que se aposta pola cultura. Esa cultura que nos alimenta o espírito e fainos felices”.

Espazos ao aire libre con aforo limitado

Este ano o 34 Festival Noroeste Estrela Galicia desenvolveranse en catro escenarios ao aire libre. Poderase gozar de actuacións en Parque Europa e Campo da Leña, e mantéñense ademais as localizacións da praza de María Pita e o parque de Santa Margarita.

Estes dous últimos, renderán homenaxe de novo a dúas importantes figuras da música coruñesa. O primeiro deles leva o nome do xornalista e promotor musical Nonito Pereira; o segundo trátase do escenario Jaime Manso, propietario da histórica tenda Discos  Portobello.

O 34 Festival Noroeste Estrela Galicia contará cun aforo total de 1.700 persoas repartidas do seguinte modo:

  • Nonito Pereira – María Pita 800
  • Jaime Manso – Parque de Santa Margarida 400
  • Parque Europa 400
  • Campo da Leña 100

O acceso aos espectáculos será gratuíto pero con invitación que terán que descargarse as persoas interesadas a través da web do Festival Noroeste Estrela Galicia. As entradas serán exclusivas para cada concerto, poderán reservarse a partir dunha data que se anunciará en breve e haberá un límite de reserva de entradas por cada persoa.

Antonio Viejo, director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, na presentación da 34 edidición do Festival Noroeste Estrella Galicia 2021
Antonio Viejo, director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, na presentación da 34 edidición do Festival Noroeste Estrella Galicia 2021

Dentro do protocolo de prevención da COVID-19, haberá un control de acceso e un tempo de entrada e saída do recinto. Os espazos baleiraranse para proceder á  higienización do mobiliario entre as montaxes.

Todos os concertos celebraranse co público sentado, será obrigatorio o uso de máscara, non se poderá comer, beber e non haberá barras.

Ao final do espectáculo deberase prestar atención ás indicacións do equipo de acomodación para evacuar o recinto de maneira ordenada.

PROGRAMACIÓN:

Venres 6 de agosto:

Escenario Campo da Leña

  • 13.00 horas – Mad Martin Trio
  • 19.00 horas – Sound Sisters

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

  • 20.00 horas – Los Zigarros
  • 22.30 horas – Triángulo de Amor Bizarro

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

  • 20.00 horas – Combo Paradiso
  • 22.30 horas – Rulo y la Contrabanda

Escenario Parque Europa

  • 20.00 horas – Bastards
  • 22.30 horas – Bala

Sábado 7 de agosto:

Escenario Campo da Leña

  • 13.00 horas – Ataque Escampe
  • 19.00 horas – Chasis

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

  • 13:00 horas – Alice Wonder
  • 20.00 horas – Javiera Mena
  • 22.30 horas – Cimafunk

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

  • 20.00 horas – Zahara
  • 22.30 horas – Lina_Raül Refree

Escenario Parque Europa

  • 20.00 horas – Víctor Coyote
  • 22.30 horas – Tito Ramírez

Domingo 8 de agosto:

Escenario Campo da Leña

  • 13.00 horas – Bush Doctors

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita.

  • 13:00 horas – The Soul Jacket
  • 20.00 horas – Mujeres
  • 22.30 horas – Marlango

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida

  • 20.00 horas – Baiuca
  • 22.30 horas – Morgane JI

Escenario Parque Europa

  • 20.00 horas – DL Blando
  • 22.30 horas – Ptazeta

 

34-Festival-Noroeste-Estrella-Galicia-2021-Horarios-Concertos