Noroeste Estrella Galicia, unha aposta tamén polas bandas galegas

  • Nun cartel formado por artistas de gran proxección nacional e internacional como Zahara, Marlango, Javiera Mena, Lina_Raül Refree, o Festival Noroeste Estrella Galicia aposta tamén por bandas denominación de orixe galega para facer vibrar á Coruña.
  • O 34 Noroeste Estrella Galicia celebrarase do 6 ao 8 de agosto en catro escenarios. Propón unha ampla oferta musical cun total de 25 concertos para todos os públicos.
  • Os concertos cumprirán con todas as medidas de seguridade necesarias. A entrada será gratuíta, pero deberá efectuarse unha reserva de localidade para poder acceder aos eventos.

O Festival Noroeste Estrella Galicia regresa o próximo 6 de agosto para encher de música diferentes emprazamentos de A Coruña. A cita conta cun cartel excepcional que completan un total de 25 artistas, dos que se poderá gozar en catro escenarios emprazados en Parque Europa, Campo da Leña, Praza de María Pita -escenario Nonito Pereira- e no parque de Santa Margarida -escenario Jaime Manso-.

O Concello de A Coruña demostra unha vez máis a súa implicación total na oferta cultural da cidade; nesta edición, o Festival Noroeste Estrella Galicia reforza especialmente o apoio aos artistas locais e autonómicos. Unha aposta autóctona de calidade, xa que se trata de formacións moi recoñecidas en diversos xéneros da escena musical actual.

A metade dos músicos que actuarán no festival contan con denominación de orixe galega. Un total de doce formacións; Triángulo de Amor  Bizarro, Mad Martin Trio, The Soul Jacket, Bastards on Parade, DL Blando, Sound Sisters, Combo Paradiso, Bush Doctors, Bala, Ataque  Escampe, Chasis e Víctor Coyote, que farán vibrar durante toda a fin de semana a público de todas as idades. A oferta é tan diversa que promete agradar a todos os gustos.

Desde o Concello de A Coruña inciden ademais na importancia e a necesidade de apoiar o propio nun momento como este, dando oportunidades a profesionais do sector musical, tan castigado nestes últimos meses pola situación sanitaria vixente.

Para que o Festival Noroeste Estrella Galicia e eventos sucesivos poidan seguir desenvolvéndose, desde o Concello de A Coruña insisten no seu compromiso coa seguridade. O festival contará cun coidado Protocolo COVID que garantirá a distancia entre os asistentes aos diversos recintos, todos eles ao aire libre.

Como parte do protocolo, para poder xestionar os aforos, será necesario efectuar unha reserva de localidade desde a páxina web do festival, www.festivalnoroesteestrellagalicia.com, por parte das persoas asistentes, aínda que esta non terá custo. Gozar da música do Festival Noroeste Estrella Galicia é gratuíto.

PROGRAMACIÓN ARTISTAS GALEGOS:

Venres 6 de agosto:

Mad Martin Trio

Escenario Campo da Leña – 13.00 horas

Banda compostelá de rock clásico liderada por Martín Esturao, practicando un estilo dos marabillosos anos 50, influenciados polo rockabilly, swing, blues ou o boogie woogie.

 

Sound Sisters

Escenario Campo da Leña – 19.00 horas

Desde Sarria chega a banda formada por Nerea Iglesias, Olalla Losada, Tomás Solano, Brandan Corredoira e Morris. Unha proposta singular de rock e funky dos anos 60 en diante.

Foto de Llum A. González 

Combo Paradiso

Escenario Jaime Manso, Parque de Santa Margarida – 20.00 horas

O cantante e músico compostelán Adrián Costa estrea o seu novo proxecto, Combo Paradiso. Juan  Zelada, Julián Maeso e Alberto Anaut acompáñanlle nel; un cuarteto que reúne a músicos de referencia do soul e o rock de España para experimentar e divertirse dignificando o oficio.

Bastards on Parade

Viernes 6 de agosto – Escenario Parque Europa – 20.00 horas

Bastards  on  Parade fórmase a finais de 2007 con base en A Coruña, combinando punk-rock coas súas raíces celtas. Compartiron escenario con  McKenzies, Far  From  Finished,  Circle  J ,  The  Mahones, The  Dreadnoughts…

Triángulo de Amor Bizarro

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita – 22.30 horas

Tomando o nome dunha canción de New Order, o cuarteto bebe do noise, indie, shoegaze, post-punk e space-rock. A formación coruñesa chega ao Noroeste para presentar “oɹɹɐzıqɹoɯɐǝpolnƃuɐıɹʇ”, o seu primeiro disco de pop contemporáneo.

Bala

Escenario Parque Europa – 22.30 horas

Anxela Baltar e Violeta Mosquera convertéronse en toda unha sensación do mundo punk rock. As galegas marcaron o seu terreo ao ritmo da guitarra eléctrica e a batería. Legan co seu recentemente estreado terceiro álbum de estudo, ‘Maleza’.

Foto de Freckleseye 

Sábado 7 de agosto:

Ataque Escampe

Escenario Campo da Leña – 13.00 horas

A banda, nacida no ambiente universitario de Santiago, remodelou recentemente a súa formación, composta agora por Lois G. Carlín, Miguel Mosqueira, Samuel Solleiro, Cibrán Tenreiro, Julio Vilariño Cabezas e *Álex  Charlón. Bailar a ritmo de retranca, iso conseguen. ‘A alma’, é o seu último traballo.

Ataque escampe

Chasis

Escenario Campo da Leña – 19.00 horas

Desde Oleiros; puro rock n’ roll.  Noé Vázquez, Javier Insua, Alan Ponche, Xulián Varela, Doutor X,  e Esteban Zapata tocarán en casa. Riffs e retrousos pegadizos, letras traballadas e un son moi fresco e rockeiro con toques pop en moitos dos seus temas sen descartar mesmo en ocasións outros xéneros de maneira testemuñal.

ctor Coyote

Escenario Parque Europa – 20.00 horas

Víctor Coyote é o padriño do rock latino en España. Logo, xa saben, chegou a fusión ou, se o prefiren, a mestizaxe. Víctor xa estaba a outra cousa: flirteando coa música electrónica e, máis tarde, empapándose da veciña tradición portuguesa. Igual que antes cruzara o charco para abrazar a salsa ou o calypso, agora vaise ata Colombia para facer súa a cumbia.

victor coyote

 

Domingo 8 de agosto:

The Soul Jacket

Escenario Nonito Pereira, Praza de María Pita – 13:00 horas

The Soul Jacket son unha banda viguesa nada en 2004 cunha proposta diferente a todo. Hai que escoitarlles, sentir cos seus ritmos de rock  and  roll clásico con cadencia rythm & blues, unha música salpicada de sons negros.

Bush Doctors

Escenario Campo da Leña13.00 horas

Se un pensa en reggae feito na Coruña, pensa en Bush  Doctors. A primeira banda galega de reggae, nacida en 1994, quere que o Festival Noroeste baile ao ritmo da música  jamaicana.

DL Blando

Escenario Parque Europa – 20.00 horas

Se converter a dor en arte é un don, entón DL Brando está bendicido. Este mozo mc e produtor procedente de  Katanga (A Coruña) é capaz de espir os seus medos e desenganos a través das súas composicións. O galego é un dos máximos expoñentes da vertente  emo da música urbana a nivel patrio, a súa proposta pódese relacionar con referentes da escena internacional como Travis  Scott ou  Lil  Uzi  Vert, entre outros.