Noite de puro rock con Bastards on Parade e Bala no Parque de Europa

O xardín do Parque de Europa foi testigo da verdadeira demostración de como facer rock duro, rebosante de personalidade e cunha forza que tira pola terra galega moi marcada.

Se buscas o punto onde se xuntan o punk-rock coas raíces da cultura celta galega, atoparás sen dúbida a Bastards of Parade, que vai marcando coa súa potente pegada musical en cada escenario.

A banda pasou esta tarde polo Noroeste Estrella Galicia deixándonos con moitas ganas de máis. Aínda que a chuvia impedíu o avance dun concerto que prometía xa dende os primeiros acordes, non acabou co seu espíritu e en especial o de Aspy, gaiteiro do grupo, que declaraba mentres xa comezaba a chispear “Non vos preocupedes que imos pasar un bo rato”.

Entre un Adeus e Ring on Fire despediron ao público, sen deixar de chapotear e saltar no escenario porque o show debe continuar, e sempre que as condicións o permiten esa promesa cúmprese.

Quedamos a espera de que o destino nos volva a xuntar con David, Ruper, Davizon, Aspy, Doval e Pablo e que para a próxima, nin a chuvia apague o Lume do seu enorme talento.

Bastards On Parade Escenario Parque Europa – 6 de agosto

Visita a galería de fotos de Bastards on Parade no escenario do Parque Europa:

Bala espanta a choiva e engancha ao público

E por se aínda non tíñamos suficiente rock no Parque de Europa, ás 22:30h chegaba Bala xogando con medio equipo na casa, para poñer a guinda a unha primeira noite de festival moi cañeira e especial.

Anxela e Violeta comezaron forte, “agitando” ao público como só elas o saben facer. Formaron coma sempre un dúo perfecto, que xoga e experimenta coa música en cada canción, disco e sobre todo en cada directo.

Engancharon ao público desde o segundo un, coa presentación do seu novo álbum Maleza, e xa foi imposible desprendelo unha vez rematou o concerto, pedindo máis e máis Bala

Bala Escenario Parque Europa – 6 de agosto

Quedou máis que claro que A Coruña necesitaba unha boa dose de rock puro e duro, dos que se gritan e saltan ata non poder máis, ben sexa por fóra ou vivíndoo por dentro dende a túa cadeira tal e como o piden estes novos tempos.

Visita a galería de fotos de Bala no escenario do Parque Europa: