Noite de embruxo e fusión con Baiuca e Morgane JI

O escenario Jaime Manso no Parque Santa Margarida acollía a derradeira xornada desta 34 edición do Noroeste Estrella Galicia. Baiuca e Morgane Ji puxeron o broche de ouro a tres días de música en vivo de primeiro nivel.

O embruxo de Baiuca

Había moitas ganas de volver a ver a Baiuca e o grupo galego non defraudou. O parque Santa Margarida foi testumuña dun embruxo durante case hora e medida. O conxuro do de catoira foi tal que os presentes non podían evitar parar de moverse, aínda que sentandos na súa cadeira debido ao protocolo de prevención da COVID.

Os primeiros acordes xa proporcionan un chute de enerxía e unha volta ás raíces, un talentoso soplo de aire fresco con moito acento galego.

Tras o meigallo chegou o turno de dar guerra para terminar a noite por todo o alto.

Baiuca
Baiuca

Morgane Ji regalounos un final de bravura

O peche do escenario Jaime Manso non puido ter mellor madriña que Morgane Ji. Unha muller que empodera e cautiva. Unha guerreira cargada de forza e talento.

A artista saltaba a escena para pechar esta 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia e deleitar ao público coa súa voz tan carismática e cautivadora. Morgane Ji sorprende, cunha posta en escena exquisita e realmente interesante.

Morgane Ji
Morgane Ji

Como o ave fénix volveu a música en vivo ao Festival Noroeste Estrella Galicia e volveu para quedarse!

Aquí tedes a galería completa de fotos da derradeira xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia no Parque de Santa Margarida: