Na súa aposta polo talento feminino, 23 bandas lideradas por mulleres actuarán na 35ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia

  • Na súa edición de 2022, o Festival Noroeste Estrella Galicia conta con 23 actuacións de bandas lideradas por mulleres dentro dunha programación con 49 propostas.
  • A actuación de Tanxugueiras en Riazor será de accesibilidade auditiva ao contar con mochilas vibratorias proporcionadas por ACOPROS.
  • Desde o 10 ao 14 de agosto a cidade  da Coruña acollerá a 35ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, de gran tradición na cidade e en toda Galicia, atraendo a públicos tamén do resto do territorio estatal. 
  • O festival regresa nesta edición ao seu escenario máis emblemático na praia de Riazor e presenta unha nova programación no peirao de trasatlánticos.

 

A 35ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia contempla a presencia feminina nos seus escenarios como unha aposta necesaria no cartel da súa programación neste verán 2022, contando con 23 actuacións de bandas lideradas por mulleres. 

O talento feminino é unha cuestión de valor desde a mesma organización do festival, xa que en cabeza da direción artística encóntrase Cristina Toba Nardín, encargada da selección de artistas e da programación cultural que conforma o Festival Noroeste Estrella Galicia. Cristina, dedicou máis de 20 anos á xestión cultural nos que xa organizou máis de 240 concertos. A cidade da Coruña agradece así os seus anos de traballo pola presenza da cultura musical na cidade e a súa gran experiencia na organización de concertos para o beneficio común da cidade. 

Falamos dun festival con valores, e é que 23 das súas 49 propostas artísticas sexan lideradas por mulleres non é casual, xa que a intención é darlle protagonismo ás artistas femininas. Ademáis, o elenco de bandas chega con cancións que contan con certa crítica social. 

Forman parte da programación desta edición as seguintes bandas lideradas por mulleres: Zahara, Tanxugueiras, Ana Moura, Delaporte, Amparanoia, Vanessa Collier, Eve Cornelius, Bratzantifa, Helena Egea, Luna Ki, Maika Maikovski, Maruja Limón, FF, Bia Ferreira, Pup Puppy + Adios Adios + Otro, CRNDS + Inma Veiga Live Av, nara is neus + Sasha Smirnova, Brassica Rapa, Toccororo, Alicia Carrera, Teresa Ferreiro, A Pedreira e Valeria Castro. 

Todas elas son artistas con moito que contar sobre o escenario e con un público que quere oílas.

Desta forma, o festival da un salto de valor cara unha programación musical comprometida coa figura da muller na música e que reconoce a súa importancia como actor social tanto na cidade da Coruña como no resto de Galicia. 

O concerto de Tanxugueiras na praia de Riazor será accesible para persoas xordas, xa que, en colaboración con ACOPROS, poranse a disposición do público unha edición máis mochilas vibratorias

A mochilas vibratorias son un sistema que permite sentir as vibracións da música, a través da emisión FM, sen fíos, incluíndo un receptor co que a persoa xorda, se leva implante ou audífono con posición T, pode tamén conectarse ao audio directamente na súa prótese auditiva.

Ademais, este concerto de Tanxugueiras contará con intérpretes de Lingua de Signos no escenario, que interpretarán as letras das cancións en directo. 

Ambos servizos, prestados por ACOPROS, farán desta unha actuación totalmente accesible para as personas con discapacidade auditiva. Para máis información diríxete a esta dirección de correo electrónico.   

O público fiel a esta cita estival, incluída nas festas da Coruña, poderá desfrutar das actuacións destas bandas lideradas por mulleres no Festival Noroeste Estrella Galicia de forma gratuita, se ben pode ser preciso realizar unha reserva previa do espazo para algúns recintos con capacidade limitada.