Montaña rusa de emocións no escenario Jaime Manso

Moito contraste e moita emoción a vivida hoxe na segunda xornada que acolleu o escenario Jaime Manso no parque Santa Margarida. Dous estilos moi distintos; a enerxía e paixón de Zahara e calma e ternura de Lina_Raül Refree. O sol e a lúa pero unidas por unha mesma liña, o sentimento.

Comezou a tarde cun tornado de enerxía, cunha Zahara reivindicativa, brava, brutal! A agulla tocaba as oito en punto e un volcán en erupción entraba en escena no escenario Jaime Manso.

Zahara demostrou unha vez máis ese imán característico que ten para captar a atención do público. Ese aura e esa enerxía que transmite para que o centenar de almas sentadas se contiveran como leoas enxauladas as ganas de saltar e bailar.

Entre tanta paixón, Zahara sempre deixa mensaxes, sempre transmite. E hoxe na Coruña volveu ‘cear coas súas bestas’ para adicarlle un canto á liberdade e soltar toda a rabia que leva dentro.

Zahara ten estrela e desas que brillan forte, moi forte.

Zahara
Zahara

Dúas horas e media máis tarde, o fado portugués de Lina e Raül Refree baixaron as pulsacións do público para quedar abraiados pola beleza e pola ternura das súas cancións. A química entre cantante e pianista é total. Lina canta como se espera que o faga unha fadista de verdade, mentres que Refree mostra a súa personalidade ao teclado.

O contraste vivido nesta xornada no parque Santa Margarida foi máxico e recordou a esa adrenalina das grandes noites, ese subir e baixar. O placer da relaxación tras o subidón.

Isto é o Festival Noroeste Estrella Galicia e esta de volta con máis forza que nunca!

Lina & Raül Refree
Lina & Raül Refree

Aquí tedes a galería completa de fotos da segunda xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia no Parque de Santa Margarida: