Martin Kohlstedt, Leticia Rey Quintet e José Ignacio Lapido esgotan as invitacións para os concertos de Santo Antón

A 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia inicia a súa segunda xornada cun rotundo éxito, esgotando as invitacións para os concertos de Martin Kohlstedt, Leticia Rey Quintet e José Ignacio Lapido. Terán lugar no emblemático Castelo de Santo Antón, un escenario único na Coruña.

Aínda que os convites para ambos concertos esgotáronse de contado, as persoas interesadas teñen a oportunidade de conseguir as últimas dispoñibles para os espectáculos de Trio da Kali. Estas poden adquirirse presencialmente na Praza de Ourense, en horario de 11:00 a 15:00h e de 16:30 a 19:30h, ou ben en liña aquí.

Hoxe, na segunda xornada do festival, a programación escénica continuou destacando e recibiu unha gran acollida por parte do público familiar, coas actuacións sobresalientes de Roi da Costa e Cé Orquesta Pantasma.

Mañá comezará a programación musical do festival, que incluirá un total de trece concertos distribuídos en catro localizacións distintas. Lura, Salif Keïta e Terrae actuarán en Santa Margarida, mentres que Hormigonera, Tiburona, Zënzar e Meu farán o propio en Campo da Leña. A Praza da Azcárraga será o escenario para Travis Birds, Patax, Ife Ogunjobi e Martha High. Finalmente, o Castelo de San Antón acollerá a Leticia Rey Quintet e Martin Kohlstedt.

As artes escénicas seguirán tendo un papel destacado no festival con ‘Contos ao Noroeste’ con Bea Campos na Praza das Bárbaras e ‘Noroestiño’ con Pakolas nos Xardíns de Méndez Núñez.

Por terceiro ano consecutivo, celebrarase o Mercado de Discos do Noroeste, co obxectivo de establecer un punto de encontro musical en A Coruña. Este evento reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluindo vinilos e CDs. Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LPs, CDs, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas de algúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos. Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas.

O acceso será libre para todos os públicos durante os días 9, 10 e 11 de agosto. O mercado, organizado novamente por Nonito Pereira, celebrarase na súa tenda da rúa Real. O horario será o seguinte: venres de 17:00 a 20:00 horas, e sábado e domingo de 11:00 a 20:00 horas.

Como novidade, este ano por primeira vez poñeranse á venda tocadiscos, amplificadores e altavoces de segunda man.

Ademais, poderase gozar das seguintes actividades:

  • Exposición fotográfica “1000 +30” – Concerto dos mil anos.
  • Audición do disco ‘Casanova de Eiris’ comentada por Nonito Pereira Rey.