Homenaxes

Esta 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia mantén o recordo a dous nomes propios da música herculina que darán nome a dous dos catro escenarios neste ano 2021.

Un deles é o espazo escénico da praza de María Pita que se chamará Nonito Pereira en lembranza ao xornalista e promotor musical Nonito Pereira

E outro escenario, ubicado no parque de Santa Margarida, leva o nome de Jaime Manso, en memoria do propietario da histórica tenda Discos Portobello.

Nonito Pereira

Praza de María Pita

Dende que arrancou a súa carreira coma disc-jockey na sala Playa Club da Coruña a mediados dos 60, Nonito Pereira foi evolucionando nunha figura tremendamente polifacética dentro do ámbito musical.

Promotor, xornalista, pinchadiscos, produtor, presentador e comentarista en radio e televisión, deixou unha pegada eterna na música galega e máis en concreto no Festival Noroeste Estrella Galicia formando parte do seu equipo en non poucas edicións.

Jaime Manso

Parque de Santa Margarida

Despois de pasar unha tempada traballando en Londres nos anos 70, chegou a Galicia cheo de vivencias e contactos. Montou na Coruña a tenda Discos Portobello en 1980 na rúa Cega.

O establecemento posicionouse axiña como unha referencia e un punto de encontro para conversar e coñecer novas tendencias entre as persoas amantes da música na cidade e comarca. Coa súa afabilidade e profesionalidade, gañou o seu lugar na memoria musical e social coruñesa.