O talento galaico marca o 35 Festival Noroeste Estrella Galicia que conta con máis de 20 actuacións de artistas galegos na súa programación

  • O Festival Noroeste Estrella Galicia reafirma o seu compromiso coa nosa  industria cultural, incluíndo 21 propostas galegas entre as 49 que conforman o seu cartel en 2022.
  • A presente edición do Festival Noroeste Estrella Galicia ofrecerá máis de 50 actuacións en 10 escenarios emblemáticos distribuídos por toda a cidade, e cunha potente presencia feminina con 23 actuacións lideradas por mulleres.
  • O festival regresa nesta edición ao seu escenario máis emblemático na Praia de Riazor.
  • Entre os días 10 e 14 de agosto desenvolverase esta cita musical de gran tradición na cidade da Coruña e en toda Galicia que tamén atrae públicos tamén do resto do territorio estatal. 

Un dos principios do Festival Noroeste Estrella Galicia é o apoio á música e ao talento galego, converténdose nunha canle de apoio a artistas da industria musical e cultural máis próxima, sobre todo tras as dificultades sufridas durante a pandemia, que limitou seriamente as posibilidades de facer música en directo.

Na súa edición de 2022, o Festival Noroeste Estrella Galicia mantén dentro da súa programación unha aposta moi ambiciosa que inclúe 21 formacións galegas entre as 49 que conforman o cartel desta 35 edición. A boa acollida por parte do público ás formacións da nosa comunidade en edicións anteriores pon de manifesto o poder de convocatoria das do talento galego que conforma o cartel: Tanxugueiras, Baiuca, Dios Ke Te Crew, Familia Caamagno, Miguel Costas, Bratzantifa, Helena Egea, FF, Néstor Pardo, Viruxe, CRNDS + Inma Veiga Live Av, Músculo!, nara is neus + Sasha Smirnova, Festicultores Troupe, Brassica Rapa, Toccororo, Alicia Carrera, Judah, Teresa Ferreiro, A Pedreira e Antonio Placer.

A presenza das Tanxugueiras une todas as pezas que constrúen este festival na súa edición do 2022: tres mulleres que demostran forza e poder no escenario e que levan a Galicia na súa voz e nas súas letras cheas de mensaxes, transportando a cultura galega a todos os rincóns onde se escoita o seu canto.

O concerto de Tanxugueiras será de accesibilidade auditiva. En colaboración con Acopros haberá a disposición do público unha edición máis mochilas vibratorias. Para máis información diríxete a ruben.acopros@gmail.com.. Este ano, o grupo actuará na praia de Riazor, porque “volvemos a pisar a area!”.

O Festival Noroeste Estrella Galicia xa se converteu en todo un referente dos festivais musicais gratuitos en España e, un ano máis, demostra o seu compromiso coa transmisión de valores fundamentais ao seu público.

Organizado polo Concello da Coruña, o Festival Noroeste Estrella Galicia volve á cidade xunto a un dos espacios escénicos máis desexados da cidade: a praia de Riazor.

Todo aquel que se achegue a A Coruña entre os días 10 e 14 de agosto poderá desfrutar de ata 51 actuacións en 10 puntos diferentes da cidade, cada un deles con diferentes estilos de música que prometen cumprir cos gustos do público asistente.

O Festival Noroeste Estrella Galicia basa a celebración desta edición número 35 nunha aposta polos valores, polo talento autóctono e polas mulleres.

En agosto, en A Coruña: #SomosNoroeste