Reservas

Como acontece co resto dos espectáculos das Festas de María Pita 2020, os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un  máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente.

A expedición das entradas que concederán acceso aos shows, será a través dunha plataforma dixital accesible nesta web a través de botóns como o que atoparás ao pé, e tamén na URL https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Para promover a ausencia de papel facilitarase ao público un código QR que poderán amosar á súa chegada ao recinto a través do seu terminal móbil.

Este espazo en liña de expedición de entradas está compartido co resto de eventos das festas da cidade e rexirán as mesmas normas. É dicir, cada persoa so poderá reservar un máximo de dúas localidades por espectáculo. 

As distancias entre cadeiras non poderán modificarse a excepción daquelas persoas que precisen estar acompañadas por un motivo xustificado como a mobilidade reducida (haberá espazo reservado para elas). 

As persoas asistentes aos espectáculos deberán levar sempre posta máscara (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de facelo). 

Ao final do espectáculo deberase prestar atención ás indicacións do equipo de acomodación para evacuar o recinto, xa que logo de cada un dos concertos, os espazos baleiranse completamente de público para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes. 

Se a situación sanitaria así o requerira, poderase proceder á suspensión de espectáculos. 

Cantas entradas se permite reservar para un concerto?

Un máximo de dúas por persoa.

Cando podo sacar as entradas para os concertos do venres?

A partir das 10:00 h do mércores.

Cando podo sacar as entradas para os concertos do sábado?

A partir das 10:00 h do xoves. 

Cando podo sacar as entradas para os concertos do domingo?

A partir das 10:00 h do venres.

Teño que dar os datos tamén da persoa que me acompaña?

As entradas son nominais. O contacto de referencia é a persoa usuaria compradora que deberá identificar a persoa acompañante.

Teño que identificarme no acceso ao recinto?

Si. Comprobaranse os datos facilitados na reserva e as persoas deberán identificarse por medio de D.N.I. ou similar. 

Teño que presentar o QR da entrada no móbil ou o permítese levalo impreso?

Pódese levar impreso, pero se facilita a opción de que todo o proceso se faga sen papel.