E se chove… que toquen Combo Paradiso e Rulo y la Contrabanda

Nin a choiva, nin este venres gris privaron ao escenario Jaime Manso de vivir a súa estrea nesta 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia.

Deron as 20:00 en punto no reloxo cando Combo Paradiso saltaba a escena. Este cuarteto formado por catro dos máis grandes do soul e do rock nacional fixo as delicias dos presentes no parque de Santa Margarida. Escenario que cos primeros acordes da banda fixo aflorar ata ao respetable máis tímido. Frescos, espontáneos e con moito ritmo animaron a un público que nin a choiva (moi forte por momentos), nin as nubes máis escuras frearon ao centenar de persoas que non se quixeron mover das súas cadeiras.

Combo Paradiso é unha banda para ver en directo, para gozar coa compenetración que amosan en cada nota e para alucinar de como vanse dando paso uns aos otros co tan só mirarse. É asombroso e admirable como van cambiando de instrumento para que o público xogue a adiviñar quen compuxo cada canción.

Festival Noroeste Estrella Galicia Escenario Jaime Manso - 6 de agosto
Festival Noroeste Estrella Galicia Escenario Jaime Manso – 6 de agosto

Rulo y la Contrabanda pechan unha noite máxica en Santa Margarida

Cando o sol xa estaba a durmir e as nubes xa non choraban foi a quenda para Rulo y la Contrabanda. As primeiras notas a piano amosaron centenares de sorrisos escondidos tras as máscaras. Ganas de recíprocas de música en vivo que foron satisfeitas con creces.

Moitos clásicos, moito rock e sobre todo moita enerxía positiva foi o que trasladou Rulo e a súa banda a un público que non parou de bailar e de cantar desde as súas cadeiras, nesa nova forma á que nos temos que acostumar de vivir a música en vivo.

Rulo é corazón e sentimento. Unha ‘cabecita loca’ que, como no podía ser doutra forma, fíxonos voar ata o verán do 95 e subir as 32 escaleiras do anfiteatro do Parque Santa Margarida.

Festival Noroeste Estrella Galicia Escenario Jaime Manso - 6 de agosto
Festival Noroeste Estrella Galicia Escenario Jaime Manso – 6 de agosto

O Festival Noroeste Estrella Galicia está de volta e se chove… que volvan a tocar Combo Paradiso e Rulo y la contrabanda!

Aquí tedes a galería completa de fotos da xornada no escenario Jaime Manso – Parque de Santa Margarida: