Derradeira xornada do 34 Festival Noroeste Estrella Galicia

  • A última xornada do Noroeste Estrella Galicia comezará ao mediodía cos concertos de The Soul Jacket no escenario Nonito Pereira (Praza de María Pita) e Bush Doctors e no Campo da Leña.

  • Pola tarde comezarán Mujeres e Marlango no Nonito Pereira (Praza de María Pita), Baiuca e Morgane Ji no escenario Jaime Manso (Santa Margarida) e ao mesmo tempo, no Parque Europa, o mellor da música urbana con DL Blando e Ptazeta.

  • En colaboración con ACOPROS e Asociación Cultural Negus Festival Noroeste Estrella Galicia impulsa o seu compromiso coa accesibilidade nos eventos culturais de persoas con capacidades diversas.

  • A concienciación do público está a facer que o respecto ao protocolo de prevención diante da COVID-19 sexa unha constante no festival.

Despois dunha noite de sábado que pechou por todo o alto, a última e derradeira xornada do festival comezará co concerto dos vigueses The Soul Jacket ás 13:00 horas no escenario Nonito Perera (Praza de Santa Margarida). Farán un repaso das súas mellores cancións inspiradas polo rock & roll americano e británico de principios dos 70, algo que plasman no seu novo traballo, “Let Me Stand”, un disco cuxas harmonías e tesituras vocais convidan a perderse nun intrincado paisaxe coas máis fermosas variedades de árbores e fauna. Un álbum que, sen dúbida, pretende pasar á historia.

Tamén na mañá, pero no Campo da Leña, levarase a cabo o concerto de Bush Doctors, será ás 13:00 horas. Estamos ante unha das primeiras bandas de reggae roots, fundada en 1994, e que nestes momentos se atopa preparando unha xira para cidades e festivais máis importantes da Península, traendo ao Festival Noroeste Estrella Galicia os seus mellores ritmos que, seguro, serán unha delicia para os nosos oídos. Será no seu concerto, ademais, onde dúas persoas usuarias de ACOPROS, Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo, utilicen dúas mochilas vibratorias para gozar do concerto desta banda galega, en colaboración con la Asociación Cultural Negus.

Noite de pop-rock e blues no Nonito Pereira

Xa entrada a tarde, o escenario Nonito Pereira, ubicado en María Pita, encherase de música a partires das 20:00 coa actuación de Mujeres, o grupo formado por Pol, Yago, e Arnau, é nun dos grandes referentes do rock en castelán. A súa herdanza podémola ver en infinidade de grupos actuais que aprenderon da súa forma de compoñer, de tocar, e de facer cancións, sinalándolles como unha influencia necesaria.

Será ás 22:30 horas cando a praza se inunde a cargo de Marlango, outro dos pratos fortes desta 34 edición do Noroeste Estrella Galicia. Un grupo de pop con claras influencias do jazz e o blues. Durante o confinamento, Alejandro Pelayo e Leonor traballaron na distancia para crear “La Cruda”, a nova canción coa que regresan aos escenarios para “celebrar a vida e a música”. Un canto que parece chegar no mellor momento.

Tradición, innovación e músicas do mundo no Jaime Manso

Pola súa banda, o escenario Jaime Manso en Santa Margarida recibirá en primeiro lugar ás 20.00 horas a actuación de Baiuca, un artista que está a levar unha revisión da nosa música tradicional adaptada aos novos tempo por unha infinidade de escenarios con notable éxito. “Embruxo” é un paso adiante na súa maneira de enfocar a composición dun disco, na que non só a música mantén unha coherencia sonora, senon que existe unha temática e un concepto definido do que se quere contar. Arte, cultura e tradición únense novamente nas melodías deste grupo que non deixa de sorprendernos con cada unha das súas composicións.

Foto de Elisabet Encina

Ás 22:30 horas collerá a testemuña Morgane Ji, temperamento volcánico con raíces misteriosas, africanas, índias e asiáticas. En canto ao seu estilo musical e enfoque estético, ninguén logrou metela en ningún caixón. Sempre busca a creación do impredicible. É unha música de rock pop e creadora de world music electrónica imposible de categorizar pero, con todo, recoñecible de inmediato grazas á súa voz única.

A mellor música urbana no Parque Europa

Os amantes da música urbana estarán de noraboa, xa que ás 20.00 horas saltará ao escenario do Parque Europa un dos expoñentes deste xénero a nivel nacional. O artista coruñés DL Blando inundará a cidade coas súas letras dominadas pola nostalxia e a escuridade que van da man da súa carreira. O uso mestre que fai do autotune e a musicalidade que imprime nas súas letras, cargadas de frustracións e malos recordos, non deixan indiferente a ninguén, facéndonos reflexionar e gozar delas a partes iguais.

A explosión de Ptazeta no último ano co seu éxito “Mami” foi unha das noticias máis soadas na escena musical nacional. Un tema que mira ao reggaeton antigo con admiración sen esquecerse das novas tendencias no xénero e que, ademais, nos deixa unha mensaxe por e para a liberdade e o goce. Agora, o dj e productor Juacko, Joaquín Domínguez, y Ptazeta, Zuleima González chegan para subir ao escenario do Festival Noroeste Estrella Galicia o domingo ás 22.30 horas toda a súa autenticidade.

Estase a respectar o protocolo de prevención da COVID-19

Durante toda a 34 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia o seguemento do protocolo de prevención do contaxio da COVID-19 é fundamental. As persoas que traballan na cita, o elenco artístico e o público contan con pautas de protección.

Neste sentido, o acceso do público aos recintos son por invitación nominal reservada a través de sistemas dixitais que proporcionarán un código QR. A apertura de portas será unha hora antes de cada espectáculo. As persoas asistentes aos concertos deberá abandoar o espazo ao remate de cada concerto para proceder á desinfección das localidades.

Dentro do recinto, deberá levarse sempre máscara e gardarse a distancia física entre persoas. Nin sequera no caso de persoas convivientes se poderá eludir o respecto á distancia marcada entre asentos. Só no caso de persoas que precisen a axuda dun acompañante por causa xustificada (como mobilidade reducida) se poderá eludir ese punto.