Concertos de balde pero con reserva de localidades debido ao aforo limitado

Como acontece co resto dos espectáculos das Festas de María Pita 2020, os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un  máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente. As localidades poderanse reservar dous días antes de cada show, saíndo todas a un tempo a partir das 10:00 horas.

A expedición das entradas que concederán acceso aos shows, será a través dunha plataforma dixital accesible en diferentes botóns que atoparás nesta web e tamén na URL https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Para promover a ausencia de papel facilitarase ao público un código QR que poderán amosar á súa chegada ao recinto a través do seu terminal móbil.

Este espazo en liña de expedición de entradas está compartido co resto de eventos das festas da cidade e rexirán as mesmas normas. É dicir, cada persoa so poderá reservar un máximo de dúas localidades por espectáculo. As entradas serán nominais polo que haberá que facilitar os datos de ambas as dúas persoas que deberán identificarse ao chegar ao recinto. Búscase evitar aglomeracións e garantir que non se supera o aforo permitido, así como para ter identificadas ás persoas do público por motivos sanitarios de prevención da COVID-19.

Cada día as 10:00 h ábrese a taquilla virtual para facerse gratuitamente coas entradas dos eventos que terán lugar dous días despois. Así, as entradas dos concertos do venres estarán disponibles a esa hora o mércores 5; as do sábado o xoves 6; e as do domingo o venres 7.