Amparanoia, Luna Ki, Julián Maeso, David Walters ou Ana Moura: algunhas das actuacións máis especiais do Festival Noroeste Estrella Galicia

  • Nalgúns casos as actuacións do Festival Noroeste Estrella Galicia convértense en citas moi especiais ao tratarse de primeiras veces en Galicia, aniversarios, fin de xiras e diferentes ritmos que sorprenderán ao público.
  • Esta edición 2022 contará con 49 bandas que se distribuirán en 10 escenarios ao longo de toda a cidade cunha clara aposta pola música liderada por mulleres con 23 actuaciones e proxectos galegos que suman 21 actuacións únicas.
  • Entre os días 10 e 14 de agosto terá lugar esta cita musical de gran tradición en Galicia que atrae públicos tamén do resto do territorio estatal. 
  • O festival regresa nesta edición a o seu escenario máis emblemático na praia de Riazor e presenta unha nova programación no peirao de trasatlánticos.

 


 

O Festival Noroeste Estrella Galicia volve a pisar a area na cidade da Coruña cunha programación musical que engloba unha gran variedade de estilos que encherán de música a cidade entre os días 10 e 14 de agosto.

A programación musical do festival é unha clara aposta polos valores, polo talento autóctono e polas mulleres. Así é que todos os días do festival haberá propostas tanto en galego como lideradas por mulleres. Entre o talento feminino destacan as actuacións de Tanxugueiras, Zahara, Luna Ki, Valeria Castro, Delaporte, Maika Maikovski, Toccororo, Amparanoia, Maruja Limón o A Pedreira entre outras que en moitos casos comparten acento local con artistas como Baiuca, Néstor Pardo, Alicia Carrera, Dios Ke Te Crew, Familia Caamagno o Miguel Costas entre outros. 

A 35 edición do festival tamén ofrece unha programación internacional de impacto. Así é que A Coruña servirá de porto (nalgúns casos por primeira vez) para artistas estranxeiros como UB40 (UK), Kamaal Williams (UK), Bia Ferreira (Brasil), Ana Moura (Portugal), Thibault Cauvin (Francia), David Walters (Francia), Emir Kusturika (Serbia), Vanessa Collier (EEUU), Aqeelion (EEUU) e Eve Cornelious (EEUU). 

Algúns concertos do festival convértense en citas todavía máis especiais ao tratarse de datas significativas na traxectoria das bandas. Por exemplo, Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra, que se encontran neste momento na súa última xira, darán un dos seus últimos concertos. 

Outra das actuacións máis especiais será a de Amparanoia. A banda liderada por Amparo Sánchez celebra os seus 25 anos de traxectoria como pioneira da fusión musical coa xira de “Himnopsis Colectiva”, o seu último traballo. A mediados dos 90 consegueron sorprender cunha mestura de estilos diferentes e supuxo toda unha revolución musical, chegando a ser unha referencia internacional da música mestiza e fusión que poderemos desfrutar no festival.

Os artistas do 35 Festival Noroeste Estrella Galicia porán en escena diferentes estilos musicais, desde o rock, ao blues, pasando polos ritmos latinos, o jazz, ás músicas de raíz ou incluso experimentais conformando un cartel aberto a todos os gustos. 

Da man de David Walters desfrutaremos de ritmos electrónicos e folk acústico baixo influencias afrocaribeñas. O artista viaxou por todo o mundo buscando a aqueles personaxes que viven por e para a música, unha experiencia moi enriquecedora que o fixo volver á escritura, da que sairá próximamente un novo disco. Falando de ritmos, os latinos non faltarán coa presenza de El Combo Batanga que, formado por músicos de vocación casi innata cara a música, xuntos foron parte do desenvolvemento do xénero musical acuñado mestizaxe e pretenden demostrar que todavía é tempo de desfrutar ao ritmo de boogaloo e soul latino. O festival tamén conta coa presenza de Julián Maeso, un músico que experimenta, vive e respira o folk-rock con toques de blues e soul, que despregará con naturalidade todo o catálogo de estilos que leva dentro.

O que non falta no Festival Noroeste Estrella Galicia é música que conseguerá conmovernos, xa que boa parte do elenco artístico que conforma a programación opta por cancións que contan con certa crítica social. Encontramos na programación a Luna Ki ou Ana Moura, artistas urbanas que transgreden. Ana Moura, é recoñecida internacionalmente por cantar xunto aos Rolling Stones ou Prince, e a artista portuguesa mestura electrónica, fado e música africana. Por outra banda, Luna Ki visita por primeira vez Galicia, traendo consigo o son dunha nova xeración. Aos seus 23 anos, Luna Ki xa conta cun proxecto sólido e potente gracias á súa prometedora discografía e á súa impetuosa presenza. 

O público fiel a esta cita estival, incluida nas festas da cidade, poderá desfrutar do Festival Noroeste Estrella Galicia de forma gratuíta, se ben pode ser preciso facer unha reserva previa do espazo para algúns recintos con capacidade limitada.