Alice Wonder, Javiera Mena e Cimafunk conquistan o corazón da Coruña cos seus concertos en María Pita

O día despertou triste pero a maxia de Alice Wonder fixo que ‘Lorenzo’ despertase do seu sono, que por momentos parece perpetuo neste verán en A Coruña. Única, xenuína e espontánea. Alice Wonder é como o clima da nosa terra, impredecible pero imprescindible.

Alice Wonder encheu María Pita coa súa maxia

Todo o que rodea a esta artista é distinto, especial e único. E María Pia foi testemuña de luxo do seu talento.

Toda a praza de María Pita foi testemuña do talento de Alice Wonder

A madrileña fixo voar a imaxinación dos presentes e interpretando algún tema doutros artistas como Bad Bunn.  Alice non te límites e todo o descaro que amosa enriba do escenario está refrendando con moito talento e horas de traballo detrás para ofrecer un espectáculo desenfado e de moitos quilates.

Artista con moito futuro e para apuntar na axenda, sen dúbida!

Javiera Mena enfeitiza ao público do seu electropop

O que Javiera Mena fixo, esta noite, no escenario Nonito Pereira da praza de María Pita foi máis aló da música. Poderiamos falar de feitizo ou de maxia pero o certo é que calquera cualificativo quedaría curto. Desde o primeiro momento, a cantante fíxose co público cunha destreza aplastante. E non resulta estrano, porque a súa interpretación non se resentiu nin un só segundo. Pouco importou se se trataba dunha peza bailable ou dunha balada, porque Javiera Mena amosou a súa faceta máis camaleónica e deixou ao público abraiado ao longo de toda a interpretación.

Javiera Mena enfentizou ao público durante a súa actuación
Javiera Mena enfentizou ao público durante a súa actuación

 

Ao longo do concerto, que durou máis dunha hora, as persoas asistentes acompañaron a Mena a través dunha viaxe interminable por distintos xéneros musicais: electropop, pop, indietrónica, indie, etc. Os estilos confluiron, e fixérono cun resultado común: a entrega dun público que quería (e precisaba) recuperar o tempo musical perdido. Tal foi a súa dedicación que, practicamente, todas as cancións estiveron acompañadas polas voces, as palmas e o movemento dos pés das persoas asistentes.

Un dos momentos máis emotivos do concerto chegou cando Javiera Mena lembrou a Samuel Luiz, o mozo falecido a principios de xullo na Coruña.

Javiera Mena, durante o concerto desta noite

 

“A Coruña se parece mucho a Chile, hay muchos árboles, mucho verde y mucha lluvia”, sinalaba a cantante. Desde hoxe, ambos lugares teñen algo máis en común: unha case devoción polo electropop de Javiera Mena.

Cimafunk mestura a música negra, o funk e o blues nun mesmo escenario

Cimafunk puxo a guinda a unha segunda xornada do festival Noroeste Estrella Galicia na que o listón estaba xa moi alto. Xuntar a música negra, o funk, o blues e a rumba nun mesmo escenario ten mérito, pero facelo co estilo e o ritmo de Érik Iglesias Rodríguez está xa a outro nivel.

O cantante de Cimafunk durante o concerto

“Basta” foi o tema elixido por Cimafunk para poñer a tono a un público que non precisaba de ningún tipo de aliciente para estar no máis alto. A combinación de xéneros non deu tregua a uns espectadores que se viron obrigados a aprender pasos de danza desde as súas propias cadeiras.

Pero Cimafunk foi de farol. Tanto é así, que cando chegou a quenda de “Me voy”, non foron quen de abandonar o escenario. Cando o intentaron, as decenas de persoas asistentes elevaron a voz para pedirlles “outra, outra”. Cedendo á petición popular, o grupo acabou interpretando, non un, senón tres temas máis.

Aquí tendes a galería completa de fotos da segunda xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia en María Pita: