A Casa Museo Casares Quiroga acollerá dous concertos do Festival Noroeste Estrella Galicia con motivo do Ano Internacional de María Casares

  • O concello da Coruña celebra neste 2022 o Ano Internacional de María Casares polo centenario do seu nacemento. O Festival Noroeste Estrella Galicia celebrará dous concertos de artistas que chegan desde Francia na Casa Museo Casares Quiroga.
  • Como novidade, a programación da 35ª edición do festival tamén conta con pasacalles ofrecerán música en momento en diferentes rúas da cidade. 
  • Os días 12, 13 e 14 de agosto terá lugar o Mercado de Discos do Noroeste organizado pola Asociación Musical Nonito Pereira.
  • Entre os días 10 e 14 de agosto terá lugar esta cita musical de gran tradición na cidade da Coruña e en toda Galicia que atrae públicos tamén do resto do territorio estatal.

 

Neste 35 Festival Noroeste Estrella Galicia, espazos de amplas dimensións, como a praia de Riazor, o Parque de Santa Margarida ou o peirao de Transatlánticos, convivirán con outros máis coquetos e intimistas. É o caso da Casa Museo Casares Quiroga. Trátase dun espazo que conta co encanto que permitirá ao público asistente gozar dos espectáculos dun xeito máis próximo. O público estará moi preto da escea percibindo cada detalle.

Neste 2022, o Concello da Coruña celebra o Ano Internacional de María Casares. A actriz nada na Coruña desenvolveu a súa laureada carreira en francia onde cultivou os seus maiores éxitos. Neste contexto, o festival unese a dita celebración coa chiscadela de propoñer unha viaxe á inversa. Nesta ocasión chegan A Coruña desde Francia as melodías dos artistas Thibault Cauvin e o galego Antonio Placer para actuar nun recinto perfecto para a ocasión: A Casa Museo Casares Quiroga, ubicada na antiga residencia de Santiago Casares Quiroga, pai da homenaxeada actriz María Casares.   

Thibault Cauvin

Thibault Cauvin é o único músico do mundo que antes de cumplir os 20 anos, xa contaba con 36 premios internacionais, converténdoo nun dos guitarristas máis exitosos do mundo, ao que o público chama “O principito das seis cordas”.  

A guitarra de Thibault non entende de fronteiras nin límites, polo que este ano chega ao Festival Noroeste Estrella Galicia onde coñeceremos a súa historia a través de traballos dos seus 7 álbumes xa publicados, entre os que destacamos o máis recente “FILMS”, no que presenta unha faceta máis experimental. Empregando os grandes temas do cine como pretexto, Thibault conecta a súa guitarra clásica con diversos efectos e pedais de sonido, inspirados nas guitarras eléctricas. En novembro deste 2022 descubriremos un novo álbum adicado ás obras para laúd de Johan Sebastian Bach.

Antonio Placer

Nominado na categoría de mellor artista nos premios Victoires de la Musique 2022, Antonio Placer, poeta e artista galego pero afincado en Francia, chega ao Festival Noroeste Estrella Galicia cunha proposta que une o flamenco co jazz e a canción francesa.

O artista, que xa sacou á luz máis de 300 cancións e 13 discos con selos discográficos de prestixio como Le Chant du Monde ou Harmonia Mundi, estará na Casa Museo Casares Quiroga acompañado da multi-instrumentista francesa Armande Ferry-Wilczek, e xuntos darán un espectáculo que xira en torno á creación, difusión e transmisión relacionada coa voz, proxecto chamado “Voix, Voie, Vois…”.

Ano Internacional María Casares

Este ano celebramos o centenario do nacemento da coruñesa María Casares (1922-2022) como actriz e personaxe público que tivo gran transcendencia na vida social, cultural e artística na Francia do século XX e coa intención principal de que ocupe o lugar que por xustiza correspóndelle no imaxinario colectivo da nosa cidade.

Toda a súa vida estivo marcada pola infancia coruñesa, por ser exiliada e por ser filla de Santiago Casares Quiroga (presidente do Consello de Ministros da II República) e Gloria Pérez Currais. Ela mesma dixo que o primeiro e máis doloroso exilio foi cando deixou A Coruña.

A Casa Museo Casares Quiroga

Santiago Casares Quiroga naceu na Coruña no 1884 no seo dunha familia republicana.

Estudou Dereito en Compostela e doutorouse en Madrid. Foi nomeado concelleiro e tenente alcalde desde 1912 a 1920 no concello da Coruña. Cando o 14 de abril de 1931 se proclamou a Il República, Casares é nomeado ministro da Mariña, en 1932 ministro da Gobernación, e en 1936 presidente do Goberno e Ministro de Guerra.

A Casa Museo Casares Quiroga foi o fogar familiar de Santiago Casares Quiroga, presidente da República, este museo é un percorrido pola vida deste personaxe e pola historia do republicanismo galego e español e pon en valor unha das principais figuras históricas da cidade.

María Casares emprende o camiño do exilio con 13 anos e chega en novembro de 1936 a París, cidade na que estuda teatro e onde sempre se posicionará ao lado das vangardas artísticas e onde mostrará un compromiso ético, político e social coa súa orixe e coas persoas refuxiadas. Foi a gran dama do teatro francés do século XX.

Pasacalles no 35 Festival Noroeste Estrella Galicia

Outra das novas propostas deste ano consiste nos pasacalles que percorrerán diferentes rúas da cidade. Ao son de Festicultores Troupe, LaDinamo e Brassica Rapa, o Festival Noroeste Estrella Galicia aposta por outro xeito de vivir esta festa da música. Un xeito dinámico e fresco nun escenario que se move cos artistas. Unha proposta na que a música, literalmente, non para.

Mercado de Discos do Noroeste

Como novidade, este ano o festival conta tamén co Mercado de Discos do Noroeste, que nace co propósito de establecer no emblemático recinto do Mercado Municipal de San Agustín da Coruña un encontro de interés musical onde reunir a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos (vinilos, CD…) con acceso libre para todos os públicos durante os días 12, 13 e 14 de agosto

Para a posta en marcha da súa primeira edición, Discos do Noroeste toma como referencia as populares ferias de discos usados e suma valor a súa proposta engadindo a presencia de material publicado por selos independentes nacionais e internacionais, así como unha programación de actividades complementarias durante o horario de apertura, nunha área anexa á zona de exposición onde terán lugar showcases, coloquios, presentacións de libros e proxección de documentais de temática musical.

O público fiel a esta cita estival, incluida nas festas da Coruña, poderá desfrutar destas actuacións e actividades de forma gratuita entre os días 10 e 14 de agosto, se ben pode ser preciso realizar unha reserva previa de espazo para algúns recintos con capacidade limitada.

En agosto, en A Coruña: #SomosNoroeste