16.000 asistentes na segunda xornada do Festival Noroeste Estrella Galicia gozaron ao ritmo de Amparanoia, Delaporte, Emir Kusturika, Maika Makovski e Dios Ke Te Crew entre outros

  • A cidade da Coruña, volcada co regreso do Festival Noroeste Estrella Galicia, contou na súa segunda xornada con 16.000 asistentes.
  • Esta edición recupera tamén a presenza do Mercado da Colleita, que está instalado durante as 5 xornadas do festival no Campo da Leña e que conta coa presenza dos produtores que participan neste proxecto de impacto social da Corporación Hijos de Rivera.
  • Os concertos con invitación previa de Valeria Castro, A Pedreira e Israel Fernández  colgaron o cartel de entradas esgotadas grazas á gran acollida do público.
  • Na súa terceira xornada o festival contará coas actuacións de Tanxugueiras, Zahara, Thibault Cauvin e Braftantifa. Así como coa estrea da actividade no escenario na Praia de Riazor, na Fundación Luis Seoane, os “pasacalles” e o Mercado de Discos do Noroeste. Consulta a programación completa na web do festival.

 

O Festival Noroeste Estrella Galicia pecha unha segunda xornada de impacto. A programación do festival continuará ata o domingo 14 de agosto e contará con 51 concertos que encherán durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña.

Na súa segunda xornada, o público asistente, máis de 16.000 persoas, puido desfrutar das actuacións de artistas como Emir Kusturika & the no smoking orchestra, que foi todo un éxito enriba do escenario Santa Margarida, no que tamén actuaron Dios Ke Te Crew e Maika Makovski, que gozaron dunha gran acollida neste recinto.

Unha das novas incorporacións en canto a espazos, o Peirao de Trasatlánticos, contou nesta xornada coas esperadas actuacións de Delaporte e Amparanoia, mentres que Pedro Pastor y los Locos Descalzos e Familia Caamagno encheron o Campo da Leña.

Na Praza Azcárraga soaron outro tipo de músicas da man de Julián Maeso Sexteto e Kamaal Williams. Este último un dos principais estandartes do novo jazz que a través de ritmos hipnóticos transportounos as rúas de Londres.

A primeira actuación desta edición no espazo Cormelana Sellier veu da mán de Toccororo e os seus ritmos Dance Hall, Dembow, Funk Brasileiro cos sons da Electrónica e o Vogue. Nunha cita máis íntima, Valeria Castro reuniu aos asistentes no Castelo de San Antón para un espectáculo con todas as entradas esgotadas.

Na programación do terceiro día venres 12 de agosto, desfrutaremos do estreo dos concertos na Praia de Riazor, espazo que da nome a esta edición do festival “Volvemos pisar a area!”. Contará coas actuacións de Zahara, Tanxugueiras e Bratzantifa, estas últimas artistas galegas gañadoras do XXIV Concurso de bandas e solistas da Radio Comunitaria de A Coruña, CUAC FM

Por outra banda, A Fundación Luis Seoane tamén gozará do seu primeiro concerto acollendo a actuación de Pup Puppy + Adios Adios + Otro. E como terceira novidade Festicultores Troupe protagonizará o primeiro “Pasacalles” da historia do Festival Noroeste Estrella Galicia.

Os espazos habituais continúan a ofrecer concertos como é o de FF no Campo da Leña, Alicia Carrera en Cormellana Sellier e completando a programción Thibault Cauvin na Casa Museo Casares Quiroga.

Como novidade, a partir do terceiro día o festival conta tamén co Mercado de Discos do Noroeste, que nace co propósito de establecer no emblemático recinto do Mercado Municipal de San Agustín da Coruña un encontro de interés musical onde reunir a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos (vinilos, CD…) con acceso libre para todos os públicos durante os días 12, 13 e 14 de agosto

Desde o comezo desta edición, pódese desfrutar do regreso ao Festival Noroeste Estrella Galicia do Mercado da Colleita, que está situado no Campo da Leña durante os cinco días de festival e que conta coa presenza de distintos produtores que participan no proxecto así como con actividades de degustación e divulgación. O Mercado da Colleita é unha iniciativa de impacto social de Corporación Hijos de Rivera cuxo propósito é a transformación do rural nun medio máis próspero, sostible e saudable que xera benestar; a través da investigación, a concienciación e a divulgación de iniciativas inspiradoras que están a transformar o rural.

Ademais, Estrella Galicia e WE Sustainability traballarán conxuntamente en concienciación medioambiental a través de diferentes accións como a cuantificación, separación e limpeza de residuos co obxectivo e reto de reducir a pegada de carbono e transformalos para que teñan unha segunda vida como mobiliario para eventos. Para isto, porán a disposición do festival un equipo de concienciación para darlle trazabilidade aos puntos de separación e recollida de residuos.